RECEITAS

CHURRASCO OU BARBACOA
CON SALSA CHURRASCO OU CHIMICHURRI
Un churrasco ou barbacoa elabórase con distintos tipos de carnes: tenreira, porco, polo…
Como máis lle gusta á xente é con faldra de tenreira con oso, costela de porco, zanco de polo e chourizo criollo.
Para facer un churrasco de 10 o ideal é poñer a adobar a carne con algunha das nosas salsas especiais para carnes un día antes para que a carne colla todo o sabor e cheiro das especias, condimentos, aceite de oliva, viño, vinagre e sal das nosas salsas.
Poñer a carne na grella e engadirlle un pouco de sal. Cando a carne estea ben dourada polos dous lados, servila nun prato, acompañala de patacas fritidas e ensalada. Podes regar por riba a carne e as patacas coa nosa salsa, daralle un sabor incrible.
A desfrutar en familia ou con amigos, pero sempre ben acompañados!

COSTELA DE PORCO
CON SALSA CHURRASCO, CHURRASCO PICANTE OU CHIMICHURRI O’PREVE
Para elaborar esta receita, pór a costela como mínimo unha hora en adobo coa Salsa Churrasco ou Chimichurri O´Preve e engadir sal. Meter ó forno a bandexa coa carne a fogo medio durante 45 minutos aprox. A media coción darlle a volta e cando alcance a cor dourada xa está lista para comer
Recoméndase acompañalo cunha ensalada.

PINCHO MORUNO

A carne para os espetos (carne de porco ou cordeiro) deberá estar cortada en dados. Salar e aliñar con Salsa O´Preve e deixar macerar como mínimo media hora. Ensartar varios anacos de carne en cada espeto, poñelos na grella para que douren ben regándoos coa súa propia salsa. Unha vez feitos pódese engadir Salsa Bravísima O´Preve ó gusto.
Recoméndase acompañar con patacas fritidas ou arroz.

FILETES DE POLO
CON SALSAS O’PREVE
Cando vaias facer uns filetes pódelos adobar con alguna das nosas Salsas (Churrasco, Chimichurri, Adobo) ou se prefires, tanto a Salsa Churrasco como a Chimichurri pódela engadir unha vez feitos, convertirá a túa receita en algo único.
Bo proveito!

SALCHICHAS OU CHOURIZOS CRIOLLOS
CON SALSA CHURRASCO OU CHIMICHURRI
Se queres preparar unha receita rápida e exquisita, talla nun prato unhas salchichas ou uns chourizos criollos precocinados e régaos con calquera das nosas salsas especiais para carnes, Churrasco ou Chimichurri. Mete o prato no microondas durante 2 ou 3 minutos, e xa está listo para xantar.
Fácil, rápido e rico!

POLO
CON SALSA ADOBO O’PREVE E CERVEXA
Pór o polo nun recipiente, salgar e engadir a Salsa Adobo O´Preve deixándoo a macerar sobre media hora. Nunha cazola botar aceite e dorar unhas cebolas, engadir o polo e dourar. A continuación botar unha cervexa e deixar que colla fervor, despois baixar a fogo lento durante 30 minutos.
Servir ben quente acompañado dunha minestra de verduras ou patacas redondas.

BOCADILLOS
CON SALSAS O’PREVE
Se queres comer un bocadillo exquisito rega o pan con algunha das nosas salsas O´Preve para carnes e engade o embutido ao teu gusto (xamón cocido, paleta, pavo etc.).

ARROZ OU PASTA
CON SALSA BRAVÍSIMA
Cando teñas no prato o arroz ou a pasta engádelle un pouco de Salsa Bravísima O´Preve para así darlle un toque especial: arroz con bacallau, con berberechos, con polo, con verduras, paella… ou tamén á pasta con mexillóns, con carne, con verduras ou con eses ingredientes que che gusten.

TORTILLA
CON SALSAS O’PREVE
Cando vaias comer unha tortilla acompáñaa con Salsa Churrasco, Chimichurri ou Bravísima.
Apetitosa, rica e saborosa!

PATACAS FRITIDAS
CON SALSAS O’PREVE
Se preparas patacas fritidas tanto soas como acompañadas, régaas con calquera das nosas Salsas (Churrasco, Chimichurri ou Bravísima) e daraslle un toque moi especial.
Verás qué ricas!

PESCADO
CON SALSA ADOBO O’PREVE
Esta receita pódela realizar con bacallau fresco ou desalgado, cocochas de peixe sapo, pescada… Primeiro lava e seca ben o peixe, a continuación adóbao coa nosa Salsa Adobo, e sálgao, pásao por fariña e ovo, fríteo en abundante aceite quente e xa está listo para comer.

POLO ESTOFADO
CON SALSA CHIMICHURRI O’PREVE
Condimentar os anacos de polo e fritir. Retirar a un prato. Nese mesmo aceite, refogamos verduras e condimentos durante 10 minutos (cebola, allo, perexil, allo porro, pemento verde e vermello, tomate e cenoria), agregamos o polo e unhas patacas talladas. Engadimos unha botella de Salsa Chimichurri e deixamos cociñar 30 minutos a fogo lento coa pota tapada, pasado ese tempo destapamos e deixamos reducir o líquido.
E xa está listo o polo.

COGOMELOS ADOBADOS E REBOZADOS
CON SALSA ADOBO O’PREVE
Limpar os cogomelos, adobalos coa nosa Salsa e engadirlles un pouco de sal. Pasalos por ovo, pan relado e fritilos. Pódense acompañar dunhas patacas, arroz, ensalada etc.

COELLO ESTUFADO
CON SALSA CHIMICHURRI O’PREVE
Adobar o coello o día antes coa nosa salsa. Por nunha cazola aceite e dourar ben o coello, engadir unhas patacas redondas, cogomelos tallados a metade ou enteiros e unhas cenorias en anacos grandes e engadir unha botella de Salsa Chimichurri (xa que se vai cociñar nesta salsa). Botar un pouco de sal e poñer a fogo lento coa pota tapada por espazo de 40 minutos. Destapar pasado o tempo e subir a fogo forte 5 minutos ata reducir o líquido.
A desfrutar!

MAIONESA
CON SALSA ADOBO O’PREVE
Se queres darlle a túa maionesa un toque especial, mestura coa nosa Salsa Adobo de allo e perexil.
Maionesa allo e perexil: conseguirás un sabor máis intenso!

ESPETOS DE CARNES E VERDURAS
Y SALSAS O’PREVE
Adobar calquera tipo de carne (polo, coello, pavo, porco, tenreira, cordeiro,…) con algunha das nosas salsas para carnes (Churrasco, Churrasco Picante ou Chimichurri). Colocar a carne no espeto combinándoa con verduras (pemento, tomate, cebola, cogomelos, …) A continuación cociñala nunha tixola, ó forno ou nunha grella.
Esperamos que vos guste!

HAMBURGUESA
CON SALSA CHURRASCO, CHURRASCO PICANTE OU CHIMICHURRI
Se queres desfrutar moito máis da túa hamburguesa adoba a carne ou rega directamente no pan con algunha das nosas salsas para carnes.
A túa hamburguesa terá un sabor especial!

EMPANADILLAS DE CARNE ADOBADA
CON SALSAS O’PREVE
Soamente tes que adobar a carne con algunha das nosas salsas específicas para carnes. Unha vez adobada, cociñala e despois enches a masa das empanadillas, cerrar e fritir.
O sabor das empanadillas seguro que te sorprederá.
A desfrutalas e bo proveito!

POLBO Á PRANCHA
CON SALSA CHURRASCO, CHURRASCO PICANTE OU CHIMICHURRI
Primeiro cocer o polbo e despois de cocido cortar unhas patacas, adobalas con algunha das nosas Salsas Churrasco ou Chimichurri e saltealas na tixola. Xa veredes que ricas están co noso aceite de oliva, viño, vinagre, allo e mestura de especias.

PATACAS BRAVAS
CON SALSA BRAVÍSIMA
Simplemente cortar as patacas en dados, fritilas e unha vez servidas no prato engadirlle Salsa Bravísima ao gusto.
Ricas e Picantes!

FUNGOS
CON SALSA ADOBO
Limpa ben os fungos cun pano húmido, despois bota un pouco de aceite nunha tixola ou prancha e engade os fungos. Cando estean feitos engádelles Salsa Adobo de allo e perexil, deixa evaporar, sazona cun pouco de sal e listos xa para degustar. Proposta: se queres darlle un toque picante podes engadirlle unha guindilla no momento de botarlle a salsa.
Esta receita tamén a podes facer e estará deliciosa con alguna outra das nosas salsas Churrasco, Churrasco Picante ou Chimichurri.

NAVALLAS
CON SALSA ADOBO DE AJO Y PEREJIL
Esta receita é tan deliciosa coma sinxela, só tes que por aceite nunha prancha con calor forte, engadir as navallas e regalas coa nosa Salsa Adobo de allo e perexil.
Deixar facer e listas para desfrutar!

ALBÓNDEGAS
CON SALSA CHURRASCO OU CHIMICHURRI
Unha proposta para túa receita de albóndegas é botarlle a nosa Salsa Churrasco ou Chimichurri á carne picada cando vaias engadir o resto de ingredientes para facelas. As especias e condimentos das nosas salsas daralles un gusto moi especial.
A desfrutar en boa compañía.

SALSA BOLOÑESA
CON CHIMICHURRI
Á salsa boloñesa pódeslle dar un gusto especial unha vez feita se lle engades un chorro da nosa Salsa Chimichurri. Remover ben, deixar ferver 5 minutos.
Lista para desfrutar!

ZAMBURIÑAS
CON SALSA ADOBO
Primeiro tes que sacar as zamburiñas da concha axundándote dun coitelo; despois telas que limpar ben, tanto as zamburiñas coma as conchas para que non leven areas. Bota as zamburiñas nun recipiente e régaas coa nosa Salsa Adobo de allo e perexil. Nunha tixola ou nunha prancha, engade aceite e espera a que estea ben quente. Cando estea ben quente poñemos as zamburiñas xa aderezadas coa nosa salsa. Cun minuto por cada lado é suficiente para que estean listas para comer.
Disfruta da comida!

OLIVAS MARIÑADAS
CON CHIMICHURRI OU CHURRASCO
Poñer unhas olivas nun recipiente e botar un pouco de Salsa Chimichurri ou Salsa Churrasco por riba, tapar o recipiente, axitar ben para que as especias e os condimentos das nosas salsas queden ben pegadas ás olivas.
Listo para gozar como aperitivo!